11.29.2007

Cartas de amor

Cartas de amor, de Fran Alonso, é o libro proposto para a nosa sesión trimestral de club de lectura. Convidámosvos a ler este feixe de relatos que vos han de levar de viaxe a diferentes espazos xeográficos e a diferentes realidades sociais e persoais a través de mulleres valentes que se enfrontan a situacións difíciles: a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración…

O día 19 de decembro, ás 18:00h, a nosa biblioteca acollerá unha sesión na que, coa presenza do autor, poderemos charlar sobre os relatos que compoñen este libro. Tamén nos podedes deixar aquí as vosas opinións e impresións.

Etiquetas: , ,

11.04.2007

Os Megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña


Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa, compañeiros de escola, van compartir unha experiencia que mudará as súas vidas. A culpa tena un toxo moi especial que os levará a viaxar ao tempo e á terra dos celtas. Alí coñecerán o sorprendente mundo de Gael, pero tamén terán que enfrontarse ao terrorífico Drunxel. Vencerán cos seus poderes o malvado demo do corpo líquido?

Achégate ás aventuras dos Megatoxos e déixanos os teus comentarios.