3.01.2007

O principiño


O principiño é a historia dun piloto e un neno, dun año e unha flor, dun pozo, dunha raposa, dunha viaxe polo espazo... Pero é, sobre todo, unha fábula na que todos eses elementos presentes na historia nos falan das relacións entre as persoas, do amor e da amizade, do sufrimento e da dor. Traducido a máis de cen linguas e lido por millóns de persoas en todo o mundo, este libro leva provocado moitas reflexións e interpretacións nas que adquire un protagonismo especial a biografía, apaixonante e aventureira, do seu autor. Déixanos ti tamén a túa opinión.