3.25.2009

As vosas recomendacións de lecturas

Neste espazo, picando en "comentarios", podedes deixarnos as vosas recomendacións de lecturas para compartir. Con elas poderedes conseguir, ademais, bibliopuntos e sobres de cromos para o álbum Os ríos de palabras de Agustín Fernández Paz.

Etiquetas: , , ,

2.26.2009

4x4, lectores e lectoras todoterreo

Abrimos aquí este espazo para aqueles grupos de catro alumnas e alumnos que se animen a participar na actividade 4x4, lectores e lectoras todoterreo. Na biblioteca tedes 20 lotes de catro libros do mesmo título para que os collades en préstamo, os leades e logo nos deixedes aquí as vosas opinións e comentarios.

Etiquetas: , ,

6.04.2008

Os Megatoxos e a espada esmeralda



Estes días entraron na nosa biblioteca 5 exemplares da nova entrega das aventuras dos Megatoxos. A visita de Anxo Fariña no 1º trimestre deixou moitos fans dos Megatoxos polo que eses cinco exemplares duraron moi pouco nos andeis e andan xa polas mans do noso alumnado. Agardamos que nos vaian contando aquí o que lles pareceu esta nova e esperada aventura de Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa.

Etiquetas:

5.12.2008

As vosas recomendacións

Convidámosvos a que deixedes aquí as vosas recomendacións de lecturas. Ademais de compartilas, poderedes conseguir bibliopuntos e sobres de cromos para o álbum editado pola biblioteca. Non tedes máis que picar en comentarios, indicar o voso nome e curso e falarnos dese libro que tanto vos gustou...

Etiquetas: ,

3.12.2008

La Tierra herida


La Tierra herida. ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro é o libro proposto para a próxima sesión de Club de lectura.


Cun cento de preguntas, dúbidas e intercambio de coñecementos Os autores repasan os problemas ambientais aos que nos enfrontamos: cambio climático, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga, a superpoboación ou a desertificación.

A sesión do Club de lectura está convocada para o mércores 16 de abril de 2008, ás 18:00.

1.14.2008

As aventuras de Said e Sheila

Catro son as novelas de ficción científica de Ramón Caride Ogando que vos propoñemos para a próxima sesión do noso club de lectura, o 13 de febreiro ás 18:00h na biblioteca:

Perigo vexetal
O futuro roubado
Ameaza na Antártida
A negrura do mar

Os protagonistas das catro obras son Said e Sheila, dous irmáns que viven na década do 2070 e que, coma heroes de banda deseñada, loitan contra os perversos plans de personaxes sen escrúpulos que queren enriquecerse aínda que iso supoña destruír o noso planeta.

Convidámoste a ler estas catro novelas de aventuras e a que nos contes aquí as túas impresións. Por suposto, convidámoste tamén a participar na sesión de club de lectura que imos ter o día 13 na biblioteca coa presenza do autor.

11.29.2007

Cartas de amor

Cartas de amor, de Fran Alonso, é o libro proposto para a nosa sesión trimestral de club de lectura. Convidámosvos a ler este feixe de relatos que vos han de levar de viaxe a diferentes espazos xeográficos e a diferentes realidades sociais e persoais a través de mulleres valentes que se enfrontan a situacións difíciles: a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración…

O día 19 de decembro, ás 18:00h, a nosa biblioteca acollerá unha sesión na que, coa presenza do autor, poderemos charlar sobre os relatos que compoñen este libro. Tamén nos podedes deixar aquí as vosas opinións e impresións.

Etiquetas: , ,