11.29.2007

Cartas de amor

Cartas de amor, de Fran Alonso, é o libro proposto para a nosa sesión trimestral de club de lectura. Convidámosvos a ler este feixe de relatos que vos han de levar de viaxe a diferentes espazos xeográficos e a diferentes realidades sociais e persoais a través de mulleres valentes que se enfrontan a situacións difíciles: a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración…

O día 19 de decembro, ás 18:00h, a nosa biblioteca acollerá unha sesión na que, coa presenza do autor, poderemos charlar sobre os relatos que compoñen este libro. Tamén nos podedes deixar aquí as vosas opinións e impresións.

Etiquetas: , ,

11 Comentarios:

At 2/12/07 8:43 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Un precioso conxunto de historias protagonizadas por xentes que non puideron escoller a vida que quixeron levar.

 
At 18/12/07 7:10 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Ola, creo que Cartas de Amor é un gran libro por atreverse a expresar os sentimentos tan profundos de moitas mulleres.
O único que non me gustou foi a repetición de topónimos cercanos ó lugar de residencia do autor.

Ángela García Abalde 2ºBach. A

 
At 19/12/07 5:51 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Non me gustou. E aburrido.

 
At 19/12/07 9:28 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ola !!!

creo que o libro de cartas de amor é un libro moi bonito,por que reflicte varias situaciones de diferentes mulleres que se esdriben cartas con outros persoaxes e que poden ser cartas de amor ou desamor en diferentes casos. recoméndovos e anímovos a que o leades .saúdos =).


eva parada antón 3º de e.s.o A

 
At 20/12/07 11:12 da manhã, Anonymous Anónimo said...

O libro pareceume do máis interesante, tanto que o lin nun só día. O que máis me gustou foi o feito de que todos os relatos contan a historia de mulleres coas que moita xente se sentirá identificado. O relato que, sin dúbida, despertou máis interese en min foi "O que nunca me preguntaches", un dos relatos máis fortes que lin na miña vida. Ademais sorprendeume que a rapaza que vive todas esas penurias, conta a súa historia como se fora o máis natural do mundo.

Jennifer Simoes Carvajal. 2º Bacharelato B.

 
At 20/12/07 11:17 da manhã, Anonymous Anónimo said...

O libro pareceume interesante pero un pouco triste á vez, só con pensar que pode estar basado en feitos reais, síntome mal ó pensar que esas rapazas pasaran tantas desgrazas nesas épocas da súa vida.

A historia que máis me gustou foi a da rapaza de Uruguai que tivo que emigrar deixando alá parte da súa vida. Para min esta historia foi a máis triste de todas.


Cristina Alonso Fernández.
2º Bacharelato B.

 
At 20/12/07 1:56 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ola,o libro gustoume moito, non pensaba atoparme con historias de desamores. Realmente hai historias moi duras,a que maís me gustou foi a do Volcán de amor.
Un saúdo.
Carlos A Muñoz Argibay. 1ºbach A

 
At 20/12/07 6:04 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Cartas de amor pareceume un libro... impactante, a falta dunha palabra mellor. O primeiro que pensei foi: Como podemos queixarnos nós vendo a vida que estas persoas están a levar? Noutros países diferentes o noso, pero tristemente ocorren no mesmo tempo que estamos a vivir nós; tan cercanas e reais e aínda así non somos capaces de darnos conta.
Nese aspecto o que máis me conmoveu foi o de "O que nunca me preguntaches", contado cunha dureza e sinceridade demasiado real.
Aínda así, o relato que máis me gustou foi o de "Ze, volcán de amor". E máis agora que sei de onde viño a idea. :)
É a que ten, o meu parecer, un dos personaxes máis diferenciados, máis definido e separado do das outras cartas, nas que as mulleres parecen confundirse un pouco entre si.
Rematando, simplemente direi que foi un libro que me gustou, especialmente a temática e o contido.

Un saúdo, e perdoade o tamaño excesivo do comentario. ;)

Erea Fabeiro Rey 2º Bacharelato A

 
At 20/12/07 8:22 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Gustoume moito o libro pese a que non teño un relato preferido. É certo que son todos tristemente reais e que contan a actual situación de moitas das mulleres do mundo. Pareceume un libro excelente e penso que detrás del se atopa un gran traballo e unha grande concienciación.
SABELA VILAR ESTÉVEZ 1º ESO A

 
At 29/10/08 2:54 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Ola!
pois eu estouno lendo e estai moi interesante.
Tamén é algo triste, pero sin duda ningunha, é un libro boísimo.
Ben, adeus

 
At 5/5/18 10:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

There is a house in New Orleans

 

Enviar um comentário

<< Home