3.12.2008

La Tierra herida


La Tierra herida. ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro é o libro proposto para a próxima sesión de Club de lectura.


Cun cento de preguntas, dúbidas e intercambio de coñecementos Os autores repasan os problemas ambientais aos que nos enfrontamos: cambio climático, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga, a superpoboación ou a desertificación.

A sesión do Club de lectura está convocada para o mércores 16 de abril de 2008, ás 18:00.

7 Comentarios:

At 19/3/08 12:35 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Gustoume moito o libro pola claridade, a sinxeleza expositiva, a calidade literaria... Pero o que quero é contar que cando Miguel Delibes fillo explica o desaxuste que se está a producir -polo efecto invernadoiro- entre a floración prematura de moitas plantas e a actividade polinizadora de abellas e outros animais (que chegan tarde), viñéronseme á memoria os versos de Alberti:
Se equivocó la paloma.
Se equivocaba.

Por ir al Norte, fue al Sur.
Creyó que el trigo era agua.
Se equivocaba.

Creyó que el mar era el cielo;
que la noche la mañana.
Se equivocaba.

Que las estrellas eran rocío;
que la calor, la nevada.
Se equivocaba.

Que tu falda era tu blusa;
que tu corazón su casa.
Se equivocaba.

(Ella se durmió en la orilla.
Tú, en la cumbre de una rama.)

 
At 7/4/08 11:10 da manhã, Anonymous Anónimo said...

A estructura deste libro paréceme perfecta para que todos poidamos entender como está ocorrendo o cambio climático. Axuda moito que sexa un diálogo entre un cidadán preocupado pola situación do planeta e un científico.
Este libro, como A negrura do mar de Ramón Caride, gustoume moito porque me interesa moito a situación do medio ambiente e gustaríame estar ben informada sobre o cambio climático.
Angela García 2º Bach A

 
At 15/4/08 10:41 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Un libro moi interesante, con tanta información condensada que resúltame difícil recordala toda.
Gustoume a forma de narralo, como un diálogo entre fillo e pai, cidadán e científico. Faino un pouco máis ameno, anque segue sendo demasiado para lelo todo dun tirón. E un libro para ler con papel e lapis na man, para ir apuntando todos esos detalles sobre os problemas medioambientais que nunca souberas e que moitos (ao menos a min) sorprénderome.

Erea Fabeiro Rey 2ºBacharelato A

 
At 15/4/08 10:49 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Concha, se les o comentario de arriba, non te enfades pola falta que puxen na última palabra.
Sorprendéronme* (corrixo)
Mira que son... amais de non falarte en galego, coma se fora pouco, meto faltas como esta :P

Erea

 
At 16/4/08 4:12 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Boas.Gustoume o libro,nel exponse unha serie de puntos que aclaran o que está a pasar co cambio climático,dende o cambio migratorio das aves ata a fusión dos xeos polares.este libro poderiase clasificar como unha guia do que esta a suceder no planeta,dos perigos que corre a humanidade se non toma medidas,pois non está aínda todo perdido.Como di o libro, hai que ter a esperanza na moral dos homes.

"¿Quién inspira nuestros actos, para que allí donde ponemos la mano estropeemos el mundo?"

Carlos A. Muñoz 1ºBacharelato A

 
At 16/4/08 4:20 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Gústame moito o libro porque non fai falla ten uns coñecementos específicos para entendelo. Calquera pode chegar a entender en qué consiste o cambio climático, con tan só ler o libro, xa que éste explica todo partindo dende cero, non dá nada por sabido e iso facilita moito a comprensión. De tódolos libros que tratan este tema, na miña opinión "La Tierra herida" é o máis completo e o máis sinxelo de ler. Quizáis, o que máis me sorprendeu deste libro é que cando pechas o libro empezas a pensar en moitas couxas que ata ese momento non lles deras importancia, como por exemplo a perda da biodiversidade. Faite reflexionar sobre o que temos e o que podemos perdeer, polo que llo recomendo a todo o mundo.

 
At 16/4/08 4:24 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Gústame moito o libro porque non fai falla ten uns coñecementos específicos para entendelo. Calquera pode chegar a entender en qué consiste o cambio climático, con tan só ler o libro, xa que éste explica todo partindo dende cero, non dá nada por sabido e iso facilita moito a comprensión. De tódolos libros que tratan este tema, na miña opinión "La Tierra herida" é o máis completo e o máis sinxelo de ler. Quizáis, o que máis me sorprendeu deste libro é que cando pechas o libro empezas a pensar en moitas couxas que ata ese momento non lles deras importancia, como por exemplo a perda da biodiversidade. Faite reflexionar sobre o que temos e o que podemos perdeer, polo que llo recomendo a todo o mundo.

16/4/08 4:20 PM

Jennifer Simoes Carvajal 2ºBach. B

 

Enviar um comentário

<< Home