1.14.2008

As aventuras de Said e Sheila

Catro son as novelas de ficción científica de Ramón Caride Ogando que vos propoñemos para a próxima sesión do noso club de lectura, o 13 de febreiro ás 18:00h na biblioteca:

Perigo vexetal
O futuro roubado
Ameaza na Antártida
A negrura do mar

Os protagonistas das catro obras son Said e Sheila, dous irmáns que viven na década do 2070 e que, coma heroes de banda deseñada, loitan contra os perversos plans de personaxes sen escrúpulos que queren enriquecerse aínda que iso supoña destruír o noso planeta.

Convidámoste a ler estas catro novelas de aventuras e a que nos contes aquí as túas impresións. Por suposto, convidámoste tamén a participar na sesión de club de lectura que imos ter o día 13 na biblioteca coa presenza do autor.