4.27.2007

Smara, de Paula Carballeira



Smara comeza cun neno, un avión e o deserto do Sahara, como O principiño. Pero en Smara ese avión é o que leva o neno a un mundo que lle ha permitir coñecer as historias que lle conta a avoa Ugago mentres espera pola morte, historias marabillosas dun pobo -o saharauí- que un día tivo que abandonar a cidade de Smara para instalarse "nunha terra que ninguén quere". Alí, no exilio, os fillos da nube fundarán unha nova Smara na que seguir tomando té e contando historias. Convidámoste a que te achegues a elas desde este fermoso libro de Paula Carballeira, ilustrado por Carole Hénaff, e a que nos deixes aquí as túas impresións da lectura. Tamén te agardamos o 25 de maio, ás 18:00h, no instituto para conversarmos con Paula Carballeira.

Etiquetas: ,